Gañador do sorteo do Club de Conversa

 


O gañador do sorteo por participar na enquisa para escoller o horario e o nome do Club de conversa en galego foi o alumno de portugués Carlos Quintela Domínguez. O seu nome foi escollido ao azar entre todas as persoas que participaron, nun sorteo celebrado ante a coordinadora do EDLG e dúas persoas pertencentes ao persoal non docente do centro. O gañador recibirá un agasallo de mans do seu profesor na seguinte clase. Parabéns e grazas por participar!

Por suposto, moitas grazas tamén a todas as persoas que participaron na enquisa e na primeira reunión do club. Como sabedes, o horario do club de conversa será finalmente os martes de 19.00 a 20.00 horas na biblioteca da EOI e o nome escollido é Dálle á lingua. Agardámosvos o vindeiro martes!




Comentarios