Semana Europea da Mobilidade

 


Como sabedes, unha das grandes preocupacións da EOI é converternos nunha escola máis sostible. Por iso non podemos deixar de mencionar a Semana Europea da Mobilidade, que está a ser xusto esta semana. 

Trátase dunha iniciativa promovida pola Unión Europea dende o ano 2000 para concienciarnos sobre os beneficios de empregar medios de transporte alternativos, como o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pe. É bo para a nosa saúde e para a saúde do planeta! 

O tema elixido pola Comisión Europea para o ano 2023 é "Eficiencia enerxética" e o lema é "Combina e móvete!" Se queres saber máis, consulta a web da Comisión Europea:

Para saber como te podes sumar a esta iniciativa na nosa cidade, aquí tes información sobre as actividades que organiza o Concello de Ourense:


Comentarios