Primeira semana... superada!

 


Que tal? Como foi a primeira semana de clase? Presentacións, libros novos, algunha tarefa para a casa.... demasiada información! É agotador! Menos mal que xa chegou a fin de semana! E dende o EDLG queremos facervos unha proposta cultural, en galego, por suposto! Mañá sábado, 16 de setembro, o Teatro Principal de Ourense presenta "Imos ter máis que palabras", unha noite de arte e poesía que mestura poesía, performance, hip hop, rap e outras formas de expresión creativa.

«Este non é un festival ao uso e o que se busca é ir a unha proposta diferente, lonxe de esquemas tradicionais e de recitados que se prolongan no tempo. Son intervencións rápidas, de poucos minutos, para darlle axilidade á convocatoria, dinamizala e manter a conexión co público» José Lameiras, organizador

Soa ben! Queres saber máis? Le este artigo:





Comentarios