Gañadora do sorteo de Entroido

 


Esta mañá, na presenza do persoal de Conserxería, os membros do EDLG celebraron o sorteo entre todas as persoas que participaron na actividade de Entroido. A entrada gañadora é a número 2, compartida por Yovanna Otero Martínez, alumna do nivel A1-A2 de francés e B1 de inglés na sección da Ponte. Parabéns! Yovanna recibirá un vale de 30 euros para empregar nunha librería da cidade.

Se queres ver todas as entradas participantes, preme na ligazón ao Padlet:

https://padlet.com/edlgeoiou/entroido-2023-p3yilnm5vnqmppla

E lembra que aínda estás a tempo de participar na actividade do Día da Muller. Tes aquí toda a información:

https://lingoreteira-edlg-eoiou.blogspot.com/2023/03/homenaxeamos-as-grandes-mulleres-das.html

Os textos escritos en galego teñen premio! Sortearemos outro vale de 30 euros entre todas as dedicatorias en galego. Non vas aproveitar esta oportunidade?

Comentarios