21 de marzo: Día Mundial da Poesía

 


No Día Mundial da Poesía, queremos convidarvos a coñecer a Casa dos Poetas, en Celanova. É a casa familiar do autor Manuel Curros Enríquez, situada no número 37 da rúa que leva o seu nome.

A casa atópase aberta ó público e conta cunha exposición permanente que fai un percorrido pola vida e a obra de Curros. Tamén recoñece outros autores celanoveses como Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín

Ofrece espazos para acoller actividades culturais, unha sala de exposicións temporais e unha biblioteca ou sala de lectura. 

A casa tamén é a sede da Fundación Curros Enríquez, que cada ano outorga o premio Celanova Casa dos Poetas para recoñecer o traballo na defensa da cultura galega. Este ano, o premio recaeu no escultor Manuel Buciños.

Coñece mellor este lugar emblemático a través da páxina web da Fundación:

http://www.currosenriquez.es/




Comentarios