Hoxe transmitirmos a seguinte mensaxe desde o Departamento de Galego da EOI de Santiago de Compostela sobre esta brillante iniciativa que están a levar a cabo cada ano, o festival aRi[t]mar Galiza e Portugal:
Queremos informarvos de que a Gala aRi[t]mar galiza e portugal 2022, coa entrega de premios a artistas e poetas galardoados/as, e coa participación especial d'A Garota Não, Xisco Feijoo, Nabiza Girl e Fran Rei será o vindeiro xoves 15 de decembro, a partir das 20:30 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. No sitio web e redes sociais do proxecto podereres ir vendo máis detalles, relembrar artistas, poetas e proxectos gañadores
Como fixemos nas pasadas edicións, de estardes interesados/as en asistir, o profesorado colaborador, xunto co alumnado, teredes que nolo comunicar antes do 12 de decembro para vos reservarmos praza antes de saíren as entradas ao público en xeral. Abonda con que unha persoa responsable por centro nos diga cantas reservas precisades.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario