Chegou o outono! Un ano máis, nestas datas non podía faltar o noso famoso concurso de refráns e imaxes Castaña de Ouro.
Queres participar? É doado:
- Escolle un refrán ou un dito en galego relacionado coas castañas, o magosto, o mes de santos ou o outono en xeral.
- Explica brevemente, en galego, o significado da frase que escolliches.
- Achega unha fotografía orixinal e indica por que che parece unha imaxe acaída para ilustrar esa frase.
- Investiga se hai unha expresión similar ou equivalente noutra lingua que se estude na EOI. Se a atopas, inclúea. Se non, atrévete a traducila!
Envía o traballo nun documento en formato word antes do 30 de novembro ao correo do EDLG:
edlg.eoiou@gmail.com
Non esquezas indicar o teu nome completo e a lingua ou linguas que estudas.
Podes gañar un vale de 30 € para unha libraría da cidade.
Despois do San Martiño, vén o inverno de camiño... Non agardes polo inverno e participa xa! Se precisas inspiración, mira que traballo tan chulo fixeron as nenas e nenos do colexio público de Rebordáns, en Tui:
Refráns de Outono - CEIP de Rebordáns
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario