Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022

 


Moitos parabéns á escritora Marilar Aleixandre, que acaba de recibir o Premio Nacional de Narrativa 2022, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra As malas mulleres. Ben merecido recoñecemento para ela e para a literatura galega contemporánea! 

Se lembrades, o curso pasado o Club de Lectura e o EDLG propuxemos a lectura conxunta desta novela e convidamos a Marilar Aleixandre, que se desprazou ata Ourense para reunirse con nós e falar da súa obra. Durante máis dunha hora, a escritora compartiu con nós a orixe e o proceso de creación da novela, contestou ás nosas preguntas e relatou anécdotas e vivencias da súa experiencia como escritora, investigadora e docente.  

Podes escoitar á propia Marilar falar do que significa este premio para ela e tamén da orixe da novela nesta entrevista na Cadena Ser. Como ben di, parafraseando ás Tanxugueiras, non hai fronteiras!

Entrevista con Marilar Aleixandre, Cadena Ser, 26/10/2022

Comentarios