Club de Conversa en Galego na EOI

 


No EDLG parécenos fundamental crear espazos de uso para a nosa lingua. Por iso, estamos encantadas de presentar unha nova oportunidade para empregar o galego: o Club de Conversa da EOI. Grazas a xenial iniciativa Adrián Levices, alumno de alemán, a partir do vindeiro luns, 10 de outubro, reunirémonos todos os luns de 18.00 a 19.00 horas na Aula 12 para conversar en galego. 

Se estás a aprender galego, se non falas galego habitualmente, se xa o falas pero precisas unha axudiña, se es galegofalante e queres animar outras persoas a falaren a nosa lingua... agardámoste!


CLUB DE CONVERSA EN GALEGO

TODOS OS LUNS

de 18.00 a 19.00 

NA AULA 12

Comentarios