Cultura en galego en Ourense

 

Dende o EDLG gústanos lembrar algunhas das actividades culturais que se están a facer na nosa contorna. Hoxe destacamos dúas propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes que van ter lugar proximamente en Ourense.



En primeiro lugar, o Liceo de Ourense acolle este sábado, 17 de setembro, ás 20.00 horas, a ópera ‘O Reflexo’, de Javier Ozores. Trátase dun espectáculo de teatro e ópera baseado en textos de Emilia Pardo Bazán. Consulta máis información aquí:



Algo máis adiante, o domingo 2 de outubro ás 19.30, poderemos ver a obra "O porco de pé" na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. O novo espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas leva ao teatro a coñecida novela de Vicente Risco. Esta versión de Quico Cadaval e Pepe Sendón conta coa aprobación da Fundación Vicente Risco. Queres saber máis? Mira aquí:


GOZAMOS DA CULTURA EN GALEGO!


Comentarios