Poema de Florencio Delgado Gurriarán musicado por Raúl Diz. Extraido de "De Córgomo a Fair Oaks" (Todomedre, 2022)
Celebramos o Día das Letras Galegas con música e poesía! Raúl Diz, compoñente do grupo Os Amigos dos Músicos e antigo alumno da EOI, ponlle música a cinco poemas de Florencio Delgado Gurriarán. O músico, que tamén é profesor, comezou este proxecto coa idea de musicar os poemas para o seu alumnado. El mesmo explica como aconteceu todo nesta entrevista do xornal La Voz de Galicia:
Raúl Diz musica nun disco a poesía de Delgado Gurriarán
Que sigamos a gozar da música e da lectura na nosa lingua.
Feliz Día das Letras Galegas!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario