Xornadas da Muller na EOI

O vindeiro martes xa é de novo 8 de marzo, Día da Muller. Desde o EDLG convidámosvos a dúas actividades moi interesantes que, por primeira vez en moitos meses, terán lugar presencialmente no Salón de Actos da EOI.
 

  • Martes 8 ás 18.00 horas no Salón de Actos: encontro coa escritora Marilar Aleixandre, membro da Real Academia Galega. Esta é unha actividade organizada en colaboración co Club de Lectura para conversar sobre a obra As malas mulleres. Hai exemplares dispoñibles na biblioteca e aínda estades a tempo de lela. Paga a pena coñecer esta muller cunha longa traxectoria como escritora, científica, docente e feminista.
 

  • Mércores 9 ás 20.00 horas no Salón de Actos: espectáculo de cabaré coa actriz Iria Azevedo. Este é un espectáculo musical titulado Máncasme Man. O home que mancaba as mulleres. Iria Azevedo é unha actriz de teatro que agora mesmo está a ensaiar a vindeira produción do Centro Dramático Galego. É coñecida tamén pola súa participación en series da TVG como Serramoura.


Imaxe de Atlantico.net

Ven celebrar o Día da Muller. É unha ocasión estupenda para reencontrármonos en persoa!

 

Comentarios