Benvidas ao ano das Tanxugueiras!




Pois si, a palabra do ano 2021 foi Tanxugueiras, un zootopónimo que fai referencia a un lugar onde habitan uns animaliños de costumes nocturnas chamados teixugos ou porcos teixos. Pero, sen dúbida, esta palabra debe a súa recente popularidade á banda feminina composta por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, as Tanxugueiras. E o ano 2022 ben pode ser o seu ano, porque as Tanxugueiras participarán os días 26, 27 e 29 de xaneiro no Benidorm Fest, onde o seu tema Terra competirá con outras 13 cancións para representar a España no festival de Eurovisión. Se aínda non o escoitaches, aquí está:


 



E se queres saber algo máis sobre o prolífico panorama musical galego do ano que rematou, non perdas este artigo de Carlos Crespo:

Os protagonistas do rebumbio musical galego 

Comentarios