A música en galego mola... CantáMOLA

 


Remata esta terceira semana do curso e achégase unha longa ponte. Non hai mellor maneira de gozala ca con boa música, en galego! Presentamos a exposición CantáMOLA, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. 

É unha exposición multimedia que fai un percorrido pola música galega destas dúas primeiras décadas do século XXI. Foi deseñada polo crítico musical Pepe Cunha e mais a xornalista Teresa Cuíñas, e contou coa participación da escritora Rosalía Fernández para a elaboración dunha unidade didáctica.  

Os catorce paneis que compoñen a exposición, as listaxes creadas en Spotify e en YouTube e a unidade didáctica que a acompaña achégannos á enorme variedade de formacións musicais que compoñen o rico panorama musical galego de hoxe. Vala perder? Podes ver o catálogo e escoitala aquí.

Agora mesmo, a exposición recorre os centros de ensino da provincia de Pontevedra, pero contamos que chegue tamén ao noso centro. De momento, podes ler máis neste excelente artigo do xornal Praza:

https://praza.gal/cultura/cantamola-en-galego-unha-exposicion-para-un-fervedoiro-de-musicas-actuais 


   


Comentarios