Comezamos o novo curso!


Benvidas e benvidos a un novo curso na Escola Oficial de Idiomas de Ourense! Dende o EDLG agardamos que comecedes esta nova etapa con saúde, alegría e moita gana de aprender. Nesta páxina seguiremos a contarvos as actividades que levamos a cabo na EOI para promover o coñecemento, o uso e o amor pola nosa lingua e tamén moitas outras iniciativas que contribúen a espallala no mundo real e no virtual.

Hoxe comezamos cunha nova edición do concurso Youtubeir@s, que este ano busca aumentar a presenza de galego en YouTube baixo o lema "Magnetismo en liña."

 


Se es maior de 14 anos e queres ter unha canle de Youtube en galego, podes participar. Consulta toda a información na web https://youtubeiras.gal/inicio/







Comentarios