25 de marzo, XXI aniversario do falecemento de Ricardo Carvalho Calero


Coincidindo coa data do pasamento de Ricardo Carvalho Calero, a Federación Galiza Cultura propón unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra. Hoxe, xoves 25 de marzo, ás 20:00 h. emitirase un vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero coa intervención da súa filla,  María Victoria Carballo-Calero Ramos e unha conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro. Posteriormente, ás 20:40 h. celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións culturais. A actividade emitirase pola canle de youtube de Galiza Cultura: https://youtu.be/TUdkNFja6_I

Ademais a Federación editou unha banda deseñada sobre a vida, obra e pensamento de Carvalho Calero, realizada por Pepe Carreiro, que se poñerá a disposición pública en PDF na na súa web: http://galizacultura.gal/carvalho-lingua-e-terra/.

Comentarios