Letras Galegas 2021: Xela Arias

Fotografía do arquivo familiar de Xela Arias, coa súa nai Amparo Castaño.
 

Faltan aínda máis de tres meses para o Día das Letras Galegas, mais as redes comezan xa a ferver con referencias a Xela Arias, a poeta e tradutora viguesa homenaxeada este ano. A Real Academia Galega vén de publicar na súa páxina web unha emotiva entrevista coa súa nai, Amparo Castaño. Comeza así:

Sentíase urbana, pero a historia de Xela Arias comeza no rural. En Sarria (Lugo), no berce dos pais, Valentín Arias (1934-2011) e Amparo Castaño. A primoxénita da parella viviu os tres primeiros anos de vida na Granxa Escola de Barreiros, onde Valentín exercía como mestre. "Alí fomos moi felices", recorda Amparo. Máis tarde, primeiro en Lugo e logo xa definitivamente en Vigo, Sarria seguiría a ser un espazo vital presente. "Iamos moito, nas fins de semana e nas vacacións do verán e do Nadal"; destaca Amparo Castaño. Canda ela achegámonos á pequena Xela, unha cativa que sempre escribiu e medrou en liberdade, nun fogar onde a cultura era parte da vida cotiá. A protagonista das Letras Galegas 2021 foi tamén unha muller cun fondo sentido da xustiza e da igualdade desde ben nova. "Foi ela quen decidiu matricularse, cando chegou o momento, no instituto do Calvario porque era mixto", ilustra a nai. "Sempre foi unha loitadora. Coido que esa, loitadora, é a palabra que a define mellor".

Le o artigo completo aquí:

"Xela sempre foi unha loitadora"


Comentarios