Mostra de fotografías de Entroido

 


Aí vén o Entroido! Malia que non o poidamos festexar coma outros anos, non queremos esquecer esta gran festa na nosa provincia. Para lembrar Entroidos pasados e soñar co que sen dúbida gozaremos o vindeiro ano, participa na mostra de fotografías de Entroido do EDLG. É moi doado. Preme no noso Padlet, fai dobre clic en calquera espazo baleiro e sobe a túa fotografía. Non esquezas escribir o teu nome, o lugar e a data onde se sacou a foto e unha breve descrición. Tes ata o día 12 de febreiro. Sortearemos un agasallo típico de Entroido entre todas as fotografías participantes.

Comentarios