Moitos parabéns a Pili Araujo e Inés Agra, que veñen de gañar o primeiro premio e o accésit, respectivamente, do concurso de receitas de Nadal, coas tradicionais "rosquillas dos doceiros" de Pili e as divertidas "reno cake pops" de Inés.
Isto é o que nos contaba Pili sobre a súa receita:
A nós chámannos así na aldea porque o meu bisavó era "o doceiro".
El ía polas aldeas nas festas e levaba os doces (roscas, rosquillas e caramelos). Esta receita é importante porque era secreta, nunca a compartiu con ninguén. A miña avoa cando se xuntaba co irmán e as comían, sempre lembraban o parecido. Dicían que as do pai eran moito mellores. Eu penso que o segredo é a calidade dos produtos, a pouca temperatura e facelas con paciencia.
Queres aprender a facer as rosquillas? Segue os pasos:
Por outra banda, isto é o que nos explicou Inés sobre a súa receita:
Esta receita é moi importante para min porque é un pequeno
símbolo de reunión de tódolos meus primos e os meus avós.
Hoxe en día é un pouco complicado, posto que, a maioría de nos,
estamos estudando fóra ou lonxe da casa. A maiores, có COVID
non nos podemos ver tan a miudo ou reunirnos todos á vez.
Mira como se fai:
E agora, a cociñar!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario