Benvid@s ao comezo dun novo trimestre na EOI. Retomamos a actividade lembrándovos que aínda podedes participar no CONCURSO DE RECEITAS DE NADAL. O prazo non remata ata o venres 15 de xaneiro, así que, antes de inscribirte no ximnasio, envíanos esa receita da que tanto gozaches nestas festas! Consulta toda a información na entrada anterior.
E para continuar, o xoves 14 de xaneiro ás 18.00 h. estades convidad@s a unha VIDEOCONFERENCIA co escritor galego DOMINGO VILLAR, autor de Ollos de auga e A praia dos afogados. Falaremos con el sobre a súa novela máis recente, O último barco. É unha actividade organizada coa colaboración do Club de Lectura da EOI. Únete á conversa premendo nesta ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario