Gañador@s do Concurso de Fraseoloxía e Imaxe


Comprácenos anunciar a relación de persoas galardoadas cos tres premios do Concurso de Fraseoloxía e Imaxe de Outono organizado polo EDLG da EOI de Ourense: Zobaida El Hidam, Celeste Lodos Rodríguez e Emilio Guntiñas López. Recibirán o premio de mans do seu profesor ou profesora na clase desta semana. Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que participaron polo seu excelente traballo!

Velaquí as fotografías gañadoras:

Moita flor na primavera, bon outono nos espera. 
ZOBAIDA EL HIDAM

Horta de San Martiño, mantén o seu dono e máis o veciño.
CELESTE LODOS RODRÍGUEZ


Castaña que está no camiño, é do veciño.
EMILIO GUNTIÑAS LÓPEZ

Podedes ver todas as fotografías participantes na seguinte presentación:



Comentarios