Concurso de Receitas de Nadal


Gústache cociñar? Cal é a túa receita favorita para estas datas? Compártea con nós e poderás gañar un lote de produtos galegos valorado en 30 euros. 

Prepara un pequeno vídeo ou unha presentación indicando os ingredientes que precisas e o proceso de elaboración. Non esquezas amosarnos o resultado final! 

Inclúe tamén unha breve explicación da importancia desta receita para ti. É unha receita da túa infancia? Que lembranzas che trae? Quen a cociñaba? Para quen a preparas ti? 

Todo isto e galego, claro! Envía a túa receita a edlg.eoiou@gmail.com antes do 15 de xaneiro. Bo proveito!

Comentarios