Outono, tempo de castañas...

Outono, tempo de castañas...

Sabes cantas variedades de castaña hai na nosa terra?  Ben delas!


E sabías que o nome tamén cambia segundo como se cociñen? Pois si!

Os bullós son castañas asadas, xeralmente sen casca. 

De feito, pénsase que de aí vén a palabra bullote, sinónimo de castaña. 

Os zonchos, por outra banda, son castañas cocidas coa pela. Hai uns versos moi coñecidos de Rosalía de Castro que din así:

Has de cantar

que che hei de dar zonchos;

has de cantar,

que che hei de dar moitos

Escoita o poema enteiro na fermosa voz de Uxía nesta ligazón.

Comentarios