Mañá é o Día Europeo das Linguas! Cada 26 de setembro desde o ano 2001, esta iniciativa do Consello de Europa anima a uns 700 millóns de cidadáns e cidadás dos seus 46 estados membros a descubrir e aprender linguas a calquera idade, tanto dentro da educación formal como fóra dela.
Este ano o lema é "As linguas unen", unha frase que reivindica a diversidade lingüística como un poderoso instrumento para fomentar a comprensión intercultural e un compoñente fundamental do rico patrimonio cultural europeo.
Desde o EDLG, animámosvos a celebrar este día falando a nosa lingua. Consulta as actividades do Consello de Europa na súa web: https://edl.ecml.at/gl. Tamén podes ler este artigo publicado no Portal das Palabras:
https://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/dia-europeo-das-linguas/

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario