Letras Galegas 2026: Concurso Literario "Noticias de Begoña Caamaño"

 

Con motivo do Días das Letras Galegas 2026, o EDLG convoca un concurso literario inspirado no labor xornalístico de Begoña Caamaño.

Que gran noticia che gustaría ver publicada na prensa ou nas redes sociais? Redacta a túa noticia soñada: un artigo con contido social, reivindicativo ou humorístico que che gustaría ver publicado nos medios de comunicación. Tamén o podes entregar en formato de audio ou vídeo.

Inspírate nalgún dos temas que preocupaban a Begoña Caamaño, como o feminismo, a lingua galega, a xustiza social ou o papel dos medios de comunicación na sociedade.

 

BASES DO CONCURSO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza o concurso de artigos xornalísticos “Noticias de Begoña Caamaño.” O concurso ten como obxectivo fomentar a creación en lingua galega e difundir a figura de Begoña Caamaño, resaltando a súa faceta como xornalista comprometida co feminismo e coas causas sociais.

1.      Participantes:

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa da EOI, tanto persoal docente e non docente como alumnado matriculado no curso 2025-2026.

 

2.      Características dos artigos:

-        Os artigos estarán redactados en lingua galega, irán encabezados por un titular e terán unha extensión máxima de 200 palabras.

-        Poderán presentarse como textos escritos ou orais.

-        Describirán unha noticia imaxinaria inspirada nalgún dos temas que preocupaban a Begoña Caamaño, como o feminismo, a lingua galega, a xustiza social, ou o papel dos medios de comunicación na sociedade.

 

3.      Formato de entrega

-        Os textos entregaranse en formato editable, nun documento de Word ou similar.

-        Os documentos de audio entregaranse en formato MP3 (audio) ou MP4 (vídeo).

-        Enviaranse ao correo electrónico do EDLG: edlg.eoiou@gmail.com

-        A mensaxe de correo electrónico enviada deberá incluír os datos da persoa participante: nome e apelidos, lingua que estuda e curso (no caso do alumnado).

 

4.      Prazo de entrega

-        A data límite para entregar os textos será o martes 12 de maio ás 14.00 horas.

 

5.      Xurado e criterios de selección

-        O xurado estará composto polas profesoras que forman parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

-        Valoraranse positivamente os seguintes aspectos:

1.      Corrección e riqueza léxica da redacción en galego.

2.      Relación coa actualidade e cos temas desenvolvidos na obra literaria e xornalística de Begoña Caamaño.

3.      Orixinalidade, interese e creatividade.

 

6.      Premios

-        Outorgaranse dous premios: mellor texto escrito e mellor texto oral (audio ou vídeo).

-        As persoas gañadoras recibirán un vale de 50 € para mercar nunha libraría local.

-        As obras gañadoras publicaranse no blog do EDLG e na páxina web e nas redes sociais da EOI.

 

7.      A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

 


Comentarios