O galego, lingua de namorar

 


A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca un ano máis #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

O concurso busca animar a mozas e mozos a empregar a lingua galega nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación, porque o galego tamén é unha lingua útil nos momentos de lecer e de diversión!

Se tes entre 14 e 35 anos e queres participar, consulta toda a información na páxina web do concurso: https://xuventude.xunta.gal/linguadenamorar

Non deixes escapar os premios. O prazo remata o 16 de marzo!



Comentarios