IX Certame de Microrrelatos en galego de PuntoGal e a Real Academia Galega

 


PuntoGal e a Real Academia Galega veñen de convocar o IX Certame de Microrrelatos, unha iniciativa destinada a promover a creatividade, a escrita e o uso da lingua galega no ámbito dixital.

 O concurso está aberto á participación de rapaces e rapazas nas categorías infantil (ata 11 anos) e xuvenil (de 12 a 17 anos), así como ao público adulto. Os microrrelatos deben ser orixinais, estar escritos en galego e ter unha extensión máxima de 200 palabras, título incluído. O tema é libre e cada participante pode presentar ata dous textos.

 A presentación dos relatos realizarase a través da web https://relatos.gal/ entre o 1 e o 28 de febreiro de 2026. O certame contempla importantes premios en todas as categorías, como lectores electrónicos, lotes de libros, dominios .gal e subscricións culturais, ademais dun ordenador portátil na categoría de persoas adultas.

Consulta as bases completas e anímate a participar!


Comentarios