Grazas por participardes no Día de Rosalía!


Sabes por que o Día de Rosalía pasou de celebrarse o 24 de febreiro ao 23 de febreiro? Pois as persoas que asistiron onte á charla de Mercedes Pereiras na biblioteca si que o saben! Foi unha tarde moi interesante, chea de descubrimentos e reflexións sobre a nosa escritora galega de referencia, Rosalía de Castro. Rematamos na cociña da EOI, onde degustamos o caldo de gloria cociñado con esmero polas profesoras do EDLG e xogamos a un pasapalabra especial dedicado a Rosalía. Moitas grazas a todas as persoas que se achegaron!

 

Comentarios