23 de febreiro: Día de Rosalía

 



Para celebrar o Día de Rosalía, o Club de Lectura e o EDLG convídanvos a dúas actividades que terán lugar ese mesmo día, o 23 de febreiro, pola tarde.

Ás 18.00 horas, na biblioteca, a profesora Mercedes Pereiras, da Asociación Cultural Galega de Formación de Persoas Adultas (ATEGAL), impartirá unha charla sobre achegas recentes ao coñecemento da vida de Rosalía.

A continuación, baixaremos á cociña, onde degustaremos o caldo de gloria e leremos o poema de Rosalía que inspirou a receita, Miña casiña, meu lar.

Deste xeito, participaremos na iniciativa da Fundación Rosalía de Castro, que nos anima a facer o caldo, ler o poema e compartilo nas redes socias cos cancelos #CaldodeGloria, #DíadeRosalía.


Agardámosvos!

Comentarios