Presentación do EDLG no Día Europeo das Linguas

 



O vindeiro mércores 1 de outubro ás 19.00 horas teremos a primeira reunión do EDLG na cociña da EOI.

É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e persoal non docente) para coñecérmonos, presentar as actividades do Equipo e intercambiar ideas. 

Haberá café e algún doce para facer a reunión máis interesante... Non faltes!




E por suposto non podemos esquecer que hoxe, 26 de setembro, celebramos o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa do Consello de Europa e a Unión Europea que conmemora a rica diversidade lingüística e cultural do noso continente. Desde 2001, este día promove o multilingüismo, fomenta a aprendizaxe de idiomas e celebra as máis de 225 linguas nativas e as que chegaron coa migración, motivando ás persoas a descubrir o pracer de aprender novas linguas e a importancia das competencias lingüísticas para a educación, a sociedade e o desenvolvemento persoal.

Aprende máis sobre esta iniciativa na páxina web do Consello de Europa.


Comentarios