8M: Obradoiro de defensa persoal para mulleres

 


Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o equipo de Actividades Culturais e o EDLG organizan un obradoiro de defensa persoal para mulleres impartido por Lorena Gómez Cid, profesora de defensa persoal especializada en defensa persoal femenina e autoprotección para a muller, colexiada número 1865 pola Federación Madrileña de Luchas.

O obradoiro será o venres 7 de marzo ás 16:30h na cociña da EOI e terá unha duración de 2 horas.

Se queres participar, inscríbete na conserxería antes da mañá do día 7!

Comentarios