Coñeces a María Solar? Esta escritora e xornalista galega é autora de novelas para todas as idades e mesmo recibiu o Premio Xerais de Novela no 2022. Estará na EOI este mércores, 12 de febreiro, ás 18.00 horas na biblioteca para falar da súa novela Os nenos da varíola.
O EDLG colabora coa Biblioteca e o Club de Lectura para organizar esta actividade, que está aberta á toda a comunidade educativa. Así que... aínda que non formes parte do Club de Lectura e aínda que non leras Os nenos da varíola, achégate e coñécea. Pagará a pena!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario