O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, no aniversario do nacemento de Castelao.Nesta data lémbrase o papel dos profesionais da ilustración na nosa cultura e, ademais, cada ano homenaxéase un ilustrador galego. A edición de 2025 está dedicada, por primeira vez, a un autor vivo: Xosé Vizoso. Podes coñecer mellor o autor e ver as actividades que se están a desenvolver nesta ligazón:
Esta celebración é aínda máis relevante este ano, dado que se celebra o 75 aniversario da morte de Castelao e o ano 2025 foi declarado Ano Castelao. Desde o EDLG da EOI sumarémonos a esta celebración cunha actividade sobre a faceta de ilustrador de Castelao... Segue pendente do blog para non perdela!
O EDLG tamén colabora co Club de Lectura na promoción da ilustración e da novela gráfica en galego. Agora mesmo, estamos a ler a obra O derradeiro libro de Emma Olsen, ilustrada por Pablo Prado. O ilustrador ourensán visitará a biblioteca da EOI no mes de febreiro para falarnos da súa traxectoria como artista e do proceso de creación desta obra. Coñéceo mellor aquí:
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario