Apúntate a estas iniciativas dinamizadoras!

 


VIII Premios Youtubeiras+ 2024, aos que poden optar persoas maiores de 14 anos e menores con autorización, que teñan canles de YouTube e/ou TikTok autoproducidas. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de novembro en: https://youtubeiras.gal/arrinca-youtubeiras-2024/.

XXIII Concurso de Relato Oral Tíralle da Lingua, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, dirixido a estudantes de primaria, secundaria e ensino postobrigatorio. Quen tiver interese en participar débese anotar antes do 15 de novembro. Atoparedes as bases en: https://bitaculas.as-pg.gal/blog/2024/07/12/xxiii-tiralle-da-lingua/.


 

Comentarios