Reunión de presentación do EDLG

 


Agora si que comezamos o curso de verdade! O vindeiro mércores, 9 de outubro, teremos a nosa primeira actividade: unha reunión informal para coñecérmonos en persoa e falar do labor do EDLG. É unha actividade aberta a toda a comunidade educativa (alumnado e persoal docente e non docente), así que se tes interese, non faltes! A cita é ás 17.00 horas na cociña da EOI. Non faltará o café e algún doce. Agardámoste!

Comentarios