Non esquezades que o Club de Conversa en Galego vaise reunir o primeiro mércores de cada mes na cociña da EOI para tomar un cafeciño e darlle á lingua en galego. Pode participar calquera persoa, sen importar o nivel que teña, mesmo principiantes. O único requisito é ter ganas de falar galego!
A seguinte sesión vai ser o vindeiro mércores, 6 de novembro, ás 17.00 horas. Tendo en conta as datas, conversaremos sobre o Samaín e as tradicións relacionadas co Día de Defuntos. Aquí van un par de ligazóns interesantes, por se queredes vir con coñecementos previos, aínda que non é necesario :)
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/244917-sabes-son-ritos-tradicionais-galicia-defuntos
https://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/eufemismos-para-a-morte/
Agardámosvos!
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario