Mauel Rivas: Premio Nacional das Letras 2024!

 

Manuel Rivas. (Foto: Arxina)

Boas novas para a literatura galega. O escritor Manuel Rivas recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas organizado polo Ministerio de Cultura correspondente ao ano 2024. 

O xurado destacou o autor pola "extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial".

Ademais, o xurado sinalou que a súa obra "acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoctrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero. Manuel Rivas, cunha voz poderosa e singular, crea literatura e, con ela, volve situar a escritura galega no olimpo das Letras Nacionais".

Manuel Rivas xa fora recoñecido en 1996 co Premio Nacional de Narrativa por Que me queres, amor? (Galaxia), dispoñible na biblioteca da EOI. Agora vén de presentar a súa última obra Tras do ceo (Xerais). 

Preme aquí para saber algo más desta novela.

Comentarios