Emerxencia Lingüística!

 


Os datos da enquisa de coñecemento e uso do idioma galego realizada recentemente polo Instituto Galego de Estatística (IGE) revelan que o galego está nunha situación crítica, sobre todo entre a mocidade. Isto é o que destaca Henrique Monteagudo, Coordinador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega:

"No grupo de 5 a 14 anos, só o 16,19% fala galego sempre ou máis ca o castelán. En 2003, a porcentaxe correspondente era do 43,33%. En cifras absolutas, o cálculo dá aproximadamente uns 87.000 rapaces e rapazas galegofalantes hai vinte anos, fronte a 31.000 agora. No grupo de 15 a 29 anos, os galegofalantes (monolingües ou bilingües) atinxen a porcentaxe do 28,18%, cando hai vinte anos representaban o 45,74%. En contraste, os monolingües en castelán supoñen o 53,67% no grupo de 5 a 14 anos, o que implica un incremento de case 20 puntos desde 2003. Á vista das devanditas cifras, nun par de décadas probablemente deixaría de haber galegofalantes menores de 15 anos, e a decadencia do galego tornaríase irreversible."

Le o artigo completo aquí. Como el di, é tempo de reflexionar, asumir responsabilidades e actuar antes de que sexa demasiado tarde.

Comentarios