Inscríbete no Club de Lectura da EOI

 


Xa o dicía James Joyce, "A vida é demasiado curta para ler un libro malo." Pero non te preocupes, todos os libros que nos propón o Club de Lectura da EOI pagan a pena. O EDLG colabora para seleccionar obras en lingua galega e tamén se propoñen obras traducidas a varias linguas, para que cada persoa escolla a lingua na que quere ler. Despois, reunímonos para falar do libro, do autor ou autora, da literatura e da vida en xeral. Ás veces organizamos roteiros literarios seguindo os pasos das personaxes dos libros. Outras veces convidamos a escritores e escritoras a presentarnos as súas obras. E sempre, sempre o pasamos ben! Para recibir toda a información, inscríbete enviando unha mensaxe á coordinadora da biblioteca, Alba Ramos:

alba.ramos@edu.xunta.gal

Comentarios