Comeza o curso 2024-2025!

 


Rematou o verán e xa estamos de novo na EOI, comezando as clases e planificando o curso 2024-2025. As persoas que formamos parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega dámosvos a benvida e convidámosvos a gozar con nós da nosa lingua. Axiña faremos unha primeira reunión do Equipo para coñecérmonos e organizar as actividades que faremos ao longo do curso. Publicaremos a data e a hora da reunión aquí e nas redes sociais da EOI. Agardámosvos!

E para comezar con ritmo, que mellor que a boa música galega? Aquí vai este tema de Tanxugueiras e Fillas de Cassandra... Bo comezo de curso!


Comentarios