Chus Pato: Premio Nacional de Poesía!

 


A poeta ourensá Chus Pato acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía 2024 pola súa obra Sonora, publicada por Xerais. O xurado destacou o carácter experimental do texto e o seu diálogo coa morte, en particular, coa orfandada pola morte da nai.  

 “Auténtico fulcro de la poesía gallega, Chus Pato explora nuevas formas de deconstruir y reconstruir los marcos del pensamiento poético tradicional” di o texto do xurado.




Nos últimos anos, catro poetas galegas foron galardoadas con este premio estatal. 

  • 2019 - Pilar Pallarés por  Tempo fósil.
  • 2020 - Olga Novo por  Feliz Idade.
  • 2023 - Yolanda Castaño por  Materia
  • 2024 - María Jesús Pato Díaz ("Chus Pato") por Sonora.

Parabéns a elas e a toda a poesía galega!

Comentarios