26 de setembro - Día Europeo das Linguas

 


Sabías que...

  • En todo o continente europeo existen máis de 225 linguas nativas..
  • A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.
  • Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

As linguas son riqueza, por iso, dende o ano 2001, o Consello de Europa celebra cada 26 de setembro o Día Europeo das Linguas. Este ano o lema é "As linguas pola paz". Coñece a fondo esta iniciativa e aprende máis datos interesantes sobre as linguas que nos rodean na páxina web do Día Europeo das Linguas.


Comentarios