Continúa o Mercado Solidario de Libros

 


Se estiveches na Escola estes días seguro que xa viches o posto do Mercado Solidario de Libros a favor do Banco de Alimentos. Inicialmente ía durar só tres días, pero tivo tan boa acollida que se decidiu amplialo ata mañá, martes. Así que aínda estás a tempo! 

Para un pouquiño e remexe nos caixóns de libros. Hainos en alemán, francés, inglés, castelán e galego. Escolle o que máis che guste e paga un prezo simbólico. Estarás fomentando a lectura, a reciclaxe e a solidariedade, pois todo o recadado será unha doazón para o Banco de Alimentos. Moitas grazas!

Comentarios