Charla coa ilustradora da exposición As mulleres que nos levaron á lúa

 


luns 11 ás 18.30 teremos a sorte de conversar con MeliMolita, a ilustradora da exposición que está agora mesmo nos corredores da EOI: As mulleres que nos levaron á lúa. Falará sobre a xénese da exposición e sobre a súa traxectoria como ilustradora. A charla será na biblioteca e está aberta a toda a comunidade educativa. Moita xente xa comentou o bonitas que son as imaxes, así que non perdades a oportunidade de coñecer a súa creadora!

A exposición é unha iniciativa do colectivo eXXperimenta en feminino, unha organización de profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Está formada por 12 carteis sobre mulleres que tiveron un papel importante conquista do espazo, mais son, en moitos casos, descoñecidas para o público en xeral. De cada protagonista, a exposición recolle información sobre a súa vida, as súas achegas á ciencia e os recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente. O obxectivo é dar a coñecer estas mulleres que desde a sombra axudaron a que a humanidade puxese un pé na lúa e, por tanto, que fixeron posible que unha viaxe a Marte logo poida ser posible.

Para saber máis, consulta a páxina web de eXXperimenta en feminino.

Comentarios