Encontro con Paula Carballeira

 


O Club de Lectura e o EDLG organizan un encontro con Paula Carballeira, escritora, narradora oral e actriz, o vindeiro xoves, 22 de febreiro, ás 12.30 horas na biblioteca. Falaremos da obra As Alumnas, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e da súa ampla traxectoria no mundo da cultura galega. Non perdas esta oportunidade! E se queres ler As Alumnas, aínda quedan exemplares dispoñibles na biblioteca da EOI.




AS ALUMNAS

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA 2023

PREMIO FOLLAS NOVAS 2023 Á MELLOR OBRA DE TEATRO

Esta peza de teatro foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.

https://editorialgalaxia.gal/produto/as-alumnas/

Comentarios