Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega

 


Gústache escribir? Un ano máis, a Real Academia Galega e PuntoGal abren este xoves, 1 de febreiro, o prazo para participar no seu VII Concurso de microrrelatos, que se estenderá ata o día 29. Ambas as institucións repartirán nove premios, tres en cada unha das categorías: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas.

As bases e demais detalles da convocatoria poden consultarse en relatos.gal.

Anímate a participar!

Comentarios