Participa na escolla da Palabra do Ano!

 


A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abriron esta semana a campaña para elixir a Palabra do Ano 2023, unha iniciativa que se vén levando a cabo desde o ano 2014 a través do Portal das Palabras

Ata o domingo 10 de decembro podemos participar na fase de recollida de suxestións, da que sairán as palabras finalistas. A votación popular para elixir a palabra gañadora terá lugar entre o martes 12  e o luns 25 de decembro. 

Segundo a RAG:

A campaña da Palabra do Ano procura identificar voces que incidan dalgunha maneira en cuestións especialmente destacadas na conversa pública dos últimos doce meses, que sinteticen como se viviron comunitariamente ou que estean relacionadas con algún fenómeno ou nova preocupación, en ocasións a través de neoloxismos e noutras a través de voces presentes na lingua dende hai moito tempo. A Palabra do Ano pode sinalar tamén arelas compartidas e permite despedir simbolicamente o ano recibindo o que está a piques de comezar con novos azos.

Que palabra se che ocorre a ti? Envía a túa suxestión aquí ata o 10 de decembro.

Comentarios