Aquí tamén se fala galego!

 


Coñeces esta estupenda iniciativa? #aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística que comezou o curso pasado no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña e agora xa se estende por unha chea de centros educativos galegos.

O proxecto pretende romper os prexuízos que xeran unha imaxe distorsionada da nosa terra, facendo ver que o galego non se emprega nos barrios, nas vilas, no comercio ou no mundo da empresa. Para rachar con esa percepción falsa, o alumnado exerce o papel de técnicos/as de normalización lingüística. Entran nun local, preguntan se poden poñer un cartaz do instituto para fomentar o uso do galego e fan unha fotografía para darlle publicidade desde as redes sociais.

Este curso #aquítaménsefala tamén pon especial atención á música e á cultura galega, realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais.

Pareceunos que ben merecía a pena difundir o traballo destes mozos e mozas. Tes toda a información premendo na seguinte ligazón:
https://aquitamensefala.com/ 

Comentarios