Magosto na EOI!

 



É tempo de castañas! Non perdas o magosto da EOI. Será o xoves, 9 de novembro, ás 14.00 horas. Teremos un menú tradicional de empanada, tortilla, chourizos, bica e castañas. E a continuación, a bailar! Ás 16.00 horas participaremos nun obradoiro de bailes tradicionais a cargo da Escola Provincial de Danza Castro Floxo.

O xantar custa 5 euros, pero vai pagar a pena! Apúntate na Consexería antes do 3 de novembro. 

Por certo, esta tarde comeza o Dálle á Lingua, o club de conversa en galego. Vémonos ás 19.00 horas na biblioteca! 

Comentarios