Dálle á lingua! O club de conversa en galego comeza o martes, 24 de outubro.

 


Retomamos O Club de conversa en galego con novo horario e nova ubicación: os martes de 19.00 a 20.00 horas na biblioteca. Ademais, tamén estreamos nome: Dálle á lingua!  

Comezamos o vindeiro martes, 24 de outubro, e ese mesmo día sortearemos un agasallo entre todas as persoas que participaron na enquisa para axudarnos a escoller o nome e o horario. Moitas grazas! 

Agardamos vervos a todas na biblioteca para darlle á lingua!

Comentarios